27 jun 2021

 

INSTRUCIÓNS RECUPERACIÓN SETEMBRO (4º ESO)

A avaliación extraordinaria de setembro terá dúas partes:

Un exame cuxo valor representará o 80% da nota e un pequeno traballo co valor do 20% restante. Se non facedes o traballo, a nota do exame será o 100%.

As unidades didácticas que entran no exame pertencen á Historia do mundo contemporáneo. Non entrará nada sobre a Historia de España, é dicir, as unidades 4 e 8 non entran.

O traballo consistirá nun pequena tarefa de investigación sobre a Transición española dende os anos finais da ditadura franquista ata o primeiro goberno do PSOE en 1982. Facedes unha presentación de Power Point (15/20 diapositivas) onde podedes condensar entre imaxes e texto o que vos parece mais relevante desta etapa histórica. No libro de texto está na unidade didáctica 12 e un recurso de internet, por exemplo, en http://www.historiasiglo20.org/HE. Calquera dúbida, me consultades por correo electrónico.

 

INSTRUCCIÓNS RECUPERACIÓN SETEMBRO (3º ESO)

A avaliación extraordinaria de setembro terá dúas partes:

Un exame cuxo valor representará o 80% da nota e un pequeno traballo co valor do 20% restante. Se non facedes os traballos, a nota do exame será o 100%.

As unidades didácticas que entran están divididas no bloque de Xeografía (Unidades 1, 2, 3, 4, 5 e 6 xunto coa de demografía que vos entreguei en papel) e no de Historia (Unidades 9, 10 e 12). O exame será similar ao realizado en xuño con cuestións repartidas entre os dous bloques.

O traballo consistirá nunha busca de información á hora de decidir a localización dun Hotel en España. No proxecto TIC das páxinas 230 a 233 podedes atopar un guión que vos levará a elaborar unha presentación en power point ou libre office (1º bloque da páxina 233).

 

INSTRUCCIÓNS RECUPERACIÓN SETEMBRO (2º ESO)

A avaliación extraordinaria de setembro terá dúas partes:

Un exame cuxo valor representará o 80% da nota e un pequeno traballo co valor do 20% restante. Se non facedes os traballos, a nota do exame será o 100%.

As unidades didácticas que entran están divididas no bloque de Xeografía (Unidades 1, 3 e 4) e no de Historia (Unidades 6, 8, 10 e 12). O exame será similar ao realizado en xuño con cuestións repartidas entre os dous bloques.

Dous traballos: Un de Historia e outro de Xeografía:

  1. Na UD10. A baixa Idade Media, no apartado 5. Exercitación, proxectos e competencias, podedes atopar no Practica nº1 as instrucións para elaborar unha crónica ou reportaxe sobre a peste negra.

  2. O traballo consistirá nunha busca de información sobre a poboación do mundo no que resides. Para iso entrades na páxina web seguinte: www.populationpyramid.net , elixides a pirámide de poboación dun país e comentades a pirámide seguindo o modelo que vos din nas fotocopias ou o exemplo feito por min (Que por suposto non vale para entregar en setembro). Debe quedar ben claro que país elixides para poder corrixilo.

26 jun 2021

 

INSTRUCCIÓNS RECUPERACIÓN SETEMBRO (1º ESO)

A avaliación extraordinaria de setembro terá dúas partes:

Un exame cuxo valor representará o 80% da nota e un pequeno traballo co valor do 20% restante. Se non facedes o traballo, a nota do exame será o 100%.

As unidades didácticas que entran están divididas no bloque de Xeografía (Unidades 1, 2, 3, 4 e 5) e no de Historia (Unidades 7 e 8 ). O exame será similar ao realizado en xuño con cuestións repartidas entre os dous bloques.

O traballo consistirá nunha busca de información sobre o mundo castrexo ou o mundo exipcio. Debedes elixir UNHA das dúas opcións que ofrezo:

1ª opción: Estudo da morte no Antigo Exipto. Elaborades unha presentación en power point ou libre office onde é necesario incluír os seguintes apartados:

  • A relixión no Antigo Exipto

  • Os deuses do seu panteón

  • A morte e o máis aló na cultura Exipcia

  • A relación ente a arte e o máis aló no antigo Exipto

  • O rito mortuorio e o proceso de momificación

2ª opción: Entrades nesta páxina web sobre o mundo castreño www.muvicc.es , elixides dous temas (Ex: Mundo de los muertos e comercio Atlántico) e facedes un resumo da información do que aparece. Logo elixides un dos castros (Ex. Viladonga) e tamén facedes un resumo do descuberto nese castro.

  INSTRUCIÓNS RECUPERACIÓN SETEMBRO (4º ESO) A avaliación extraordinaria de setembro terá dúas partes: Un exame cuxo valor rep...